
Póñome en contacto convosco para informarvos da presentación do
programa ‘Entendo’, dirixido á comunidade lgbt (lesbianas, gays, bisexuais e transexuais), a través do que procuramos canalizar todos os esforzos para atender as necesidades específicas desta parte da poboación.
O programa ‘Entendo’, que foi presentado recentemente aos medios polo Director Xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, está formado por unha serie de iniciativas que esperamos poñer en marcha dende o conxunto de Centros Quérote que hai espallados por todo Galicia, en colaboración coas asociacións lgbt e os axentes sociais, e que comprende as seguintes accións:
_ Asesoramento psicosocial a lesbianas, gays, bisexuais e transexuais: información, orientación e acompañamento nas relacións afectivas e sexuais, habilidades para a erótica, prevención.. e cuestións propias do colectivo lgbt con respecto á homosexualidade, bisexualidade, transexualidade, “saída do armario”, como relacionarse, prácticas eróticas, etc.
_ Servizo xurídico de normalización: presta asesoramento a todas as persoas que consideren que se vulneran os seus dereitos básicos ou son obxecto de discriminación por razón da súa orientación ou identidade sexual.
_ Actividades periódicas de visualización e normalización: estamos a recoller as propostas das actividades para o próximo ano, das que vos informaremos puntualmente.
_ Formacións para pais e nais, axentes xuvenís, docentes, .. entorno á diversidade sexual.
_ Realización dun estudio sobre a homofobia nas aulas, que sirva de ferramenta aos axentes sociais e educativos para facer fronte a esta realidade.
_ Colaboración co movemento asociativo lgbt.
O programa xa está en marcha, polo que solicitamos a vosa colaboración na difusión do mesmo, así como estamos abertos a todas as vosas aportacións, que serán ben recibidas. Estamos a vosa disposición para o que precisedes:
_ No centro QUÉROTE de Ourense, no primeiro andar da Casa da Xuventude, rúa Celso Emilio Ferreiro nº 27, en horario de 10.00 a 14.00 horas as mañás de luns e venres, e todas as tardes de 16.30 a 20.30 horas.
_ No teléfono 902 141617
Un saúdo do equipo da Rede de Centros Quérote
viernes, 14 de noviembre de 2008
// //
//