Adopción Nacional

GUÍA PARA SOLICITANTES DE ADOPCIÓN NACIONAL


Introducción
¿Qué é a adopción?
¿Quen pode solicitar unha adopción?
¿Quen pode ser adoptado?
¿Cómo solicitar unha adopción?
¿En que consiste o rexistro de adopcións da Comunidade Autónoma?
¿Qué é a Comisión de Adopción?
¿En que consiste a valoración de idoneidade?
¿Qué ocorre cando os solicitantes son declarados idóneos?
¿Cómo se seleccionan os solicitantes idóneos?
¿Canto tempo transcurre desde que se presenta a solicitude ata que se constitúe a adopción?
¿Cómo e onde obter máis información?
Legislación aplicable
Algunhas reflexións sobre a decisión de adoptar


INTRODUCCIÓN

Un dos principios fundamentais recollidos en toda a legislación nacional e internacional de protección á infancia é respecta-lo dereito que todo neno ten a permanecer na súa propia familia.
Por iso as entidades publicas encargadas desta protección teñen como misión axudar ós pais que teñen dificultades para educar ou atender ós seus fillos, proporcionando os recursos de apoio familiar necesarios para que este principio se respecte.
A Consellería de Familia, xuventude, Deporte e Voluntariado, a través da Dirección Xeral de Familia, entidade pública competente en materia de protección de menores, elabora esta guía informativa co fin de facilitar e axudar a aquelas persoas que desexen adoptar un menor. Pretendemos que serva de orientación e reflexión sobre o proceso legal que conleva, que confrote as expectativas coa realidade, e dar desposta, deste xeito, ás preguntas máis habituais dos solicitantes de adopción.
O desemvolvemento de sistema de protección da infancia e a evoloución favoralble das condicións socio-económicas da nosa comunidade, xunto coa baixa da natalidade que está a padecer tanto o noso pais como o resto de Europa, fan que o número de menores adoptables diminúa, mentres que a demanda de solicitantes aumenta, producíndose un incremento no tempo de espera dos solicitantes.
A espera na asignación dun menor da nosa comunidade é un factor que debe valorarse en clave positiva, polo simple feito de que significa que non hai tantos nenos abandonados ou con necesidade de ser adoptados.
Ó mesmo tempo existen menores que se atopan nunha situación de dificultade para seren adoptados, polo feito de que padecen unha minusvalidez física, psíquica ou sensorial, pertencer a un grupo de máis de sous irmaáns, ser maiores de 12 anos, por padecer unha enfermidade ou calquera otrua característica que dificulta especialmente a integración e a aceptación por parte das familias adoptiva.
A Dirección Xeral de Familia tenta sensibilizar á sociedade para atopar familias que queiran e poidan adoptar a estes menores, na súa convicción de que todo neno ten dereito a medrar nunha familia que lle proporcione un fogar.


¿Qué é a adopción?

A adopción constitúe o acto xurídico mediante o que se establece unha relación xurídica de filiación entre os adoptantes e o menor, extinguíndose así os vínculos deste coa súa familia de orixe, e integrándose plenamente no seu novo núcleo familiar cunha equiparación plena de dereitos coa familia biolóxica.
A adopción constitúese por resolución judicial, que terá en conta sempre o interese do adoptando, e é irrevocable.


¿Quen pode solicitar unha adopción?

Con independencia do seu estado civil, calquera individuo, mantrimonio sou parella de feito pode solicitar unha adopción. Para iso é necesario cumpri-los seguintes requisito:
Ter como mínimo 25 anos cumplidos; no caso de solicitude conxunta por cónxuxes ou parellas con relación estable análoga á conyugal, bastará con que un deles teña esta idade. En todo caso, o adoptante deberá ter, plolo menos, catorce anos máis que o adoptado.
Ter residencia habitual na Comunidade Autónoma galega ou ser emigrante galego con previsión de retorno, neste caso deberase justifica-la residencia efectiva na comunidade no prazo máximo dun ano dende a data de presentación de solicitude.
Ter plena capacidade xurídica e de obrar.
Os solicitantes deberán comprometerse a realizar tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo previo á constitución da adopción.

¿Pode un solicitante só continuar un expediente inciado cando eran parella de feito ou matrimonio? Si

Nos casos de separación da parella ou finamento dun deles, o outro poderá mante-la súa solicitude de adopción e conserva-la súa antigüidade, pero, aínda que xa fose valorada a idonidade, haberá que valorala outra vez atendendo ás novas circunstancias persoais e familiares.
Nestes supostos, se a parella non chega a un acordo sobre cal deles continuará coa tramitación do expediente, este deberá arquivarse e os solicitantes poderán presentar novas solicitudes de adopción.

¿Pode un solicitante individual incorporar ó seu compañeiro ou cónxuxe á súa solicitade de adopción? Si

Neste caso manterase a antigüidade, se ben haberá que face-la valoración de idoneidade da parella.

¿Pode ser presentada unha solicitude de adopción por persoas que xa adoptaran outra vez? Si

Os adoptantes que desexen realizar outra adopción, poden facelo sempre que a anterior adopción estea plenamente constituída por auto judicial firme, recoméndase que os fillos da primeira adopción estean plenamente integrados na familia.

¿Pode un solicitante traslada-lo seu expediente a outra comunidade autónoma? Si
Cando un solicitante inscrito nesta comunidade se traslade a residir a outra e deséese mante-la a súa solicitude, requerirá, na delegación provincial correspondente, o traslado do expediente ó organismo competente en materia de adopción da comunidade de destino, que decidirá sobre o traslado.
Do mesmo xeito, se un solicitante doutra comunidade se traslada a residir a Galicia e desexa mante-la súa solicitude, deberá requer-lo traslado de expediente na súa comunidade de orixe. Neste caso mantera en Galicia a antigüidade da solicitude, considerando como data de entrada desta a que conste na comunidade de procedencia.


0 comentarios to "Adopción Nacional"

Seguidores

Asociación de Gais, Lesbianas e Transexuais de Ourense (AGLET)

About This Blog

Blog Archive

Web hosting for webmasters